Bolsas Google-Fundae

31 Out 2022

Google, coa colaboración de Fundae, ofrece bolsas que posibilitan a realización de formación gratuíta e en liña dos seguintes Certificados:
- Soporte de Tecnoloxías da Información
- Análise de datos
- Xestión de Proxectos
- Deseño de Experiencia de Usuario e IT Automation with Python.

Duración: 120 horas de formación que se traducen nun período de entre 3 e 6 meses de duración. A duración pode variar en función da dedicación semanal e os coñecementos previos do alumno.

Requisitos:
- Residir en España e ter máis de 18 anos.
- Non se require experiencia nin formación previa para cursalo, excepto naqueles máis avanzados como Python (especificarase ao alumnado).
- Idioma: Todos os certificados estarán en 2022 dispoñibles en español (vídeos en inglés con subtítulos, cuestionarios e probas de avaliación en español), excepto Python que aínda que conta con subtítulos en español, os cuestionarios e probas de avaliación serán en inglés.
- Darase prioridade de participación ás persoas desempregadas e ás persoas afectadas por ERTE ou ERE.
- Tratarase de respectar que a porcentaxe de participación de mulleres sexa, como mínimo, do 50%.

Máis información: https://www.fundae.es/trabajadores/Programa_Becas_Google_Fundae