XXIII Mostra de Curtas Vila de Noia

25 Mar 2022

O Concello de Noia convoca a “XXIII Mostra de Curtas Vila de Noia 2022”

Poderán participar todas as producións profesionais e amateur de Curtametraxes de ficción e animación, realizados con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2021, que non fosen estreados comercialmente en salas públicas, DVD, vídeo ou televisión, en España. As obras a concurso deberán estar realizadas preferiblemente en galego ou castelán.

Cada autor/a poderá presentar a concurso obras, en soporte DVD, HD ou 35 mm

A inscrición e envío dos traballos pode facerse en liña a través do portal web: https://festhome.com, ou enviándoas por correo ou mensaxería á dirección:
Mostra de curtas “Vila de Noia"
Concello de Noia.
Rosalía de Castro 2
15200 Noia. A Coruña

Os premios estarán dispostos da seguinte maneira:
- Mellor curtametraxe: 4.000 € + Trofeo conmemorativo
- Mellor dirección: 700 € + Trofeo conmemorativo
- Mellor guión: 500 € + Trofeo conmemorativo
- Premio Xosé Manuel Olveira Pico ao Mellor actor: 500 € + Trofeo conmemorativo
- Mellor actriz: 500 € + Trofeo conmemorativo

Premios especiais:
- Mellor curtametraxe de animación: 1500 €+ Trofeo conmemorativo
- Premio especial del público: 1168 € + Trofeo conmemorativo
- Premio Curto Galicia Amateur: 300 € + Trofeo

O prazo de recepción estará aberto ata as 14:00 h do día 15 de xullo de 2021.

https://noia.sedelectronica.gal/info.0