Meu corpo non minte: Igualdade de xenero para unha mañá sostible. Meditación, Movemento, Teatro.

23 Mar 2022

O obxectivo principal do taller é sentir os nosos corpos e ser máis conscientes das súas posibilidades.

O noso corpo non minte, por iso é unha gran fonte de autocoñecemento.

Ao principio, comezarase a estar presentes mediante a atención á respiración e a postura. O primeiro paso é entón, baixar a mente ao corpo e aos nosos pés. Durante o transcurso do taller, moverédevos libremente e descubriredes o voso movemento propio. Grazas á sesión final de teatro, desenvolveredes a vosa imaxinación e creatividade. Integrando todo o experimentado nas fases anteriores, crearanse escenas e improvisacións

Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ribadavia
988 471 929
omix.ribadavia@gmail.com
Casa da Xuventude, Rua Porta Nova de abaixo 9.
32400 Ribadavia
www.omixribadavia.wordpress.com