Curso na Coruña de Director/a de Actividades de Tempo Libre da ETL Aventeira Escola

23 Mar 2022

A ETL Aventeira Escola convoca un curso de Director/a de Actividades de Tempo Libre, que inclúe técnicas de facilitación, mediación, perspectiva de xénero, espazos de participación, vías de financiamento ou deseño de proxectos, entre outros contidos.

Datas:
Parte presencial: 15-16 de outubro, 29-30 de outubro, 12-13 de novembro, 26-27 de novembro, 17-18 de decembro. 100 horas
Parte online: do 17 de outubro ao 16 de decembro. 50 horas

Horario:
Parte presencial: de 9:00-14:00 e de 16:00-21:00.
Parte online: horario flexible a través dun método asíncrono para a auto-organización por parte do alumno ou alumna.

Lugar:  cidade da Coruña, espazo por determinar.

Duración:  150 horas da fase teórico-práctica (100 horas presenciais e 50 online) e 150 horas da fase de prácticas. Precísase unha asistencia ao 80% do total das horas teórico-prácticas para superar o curso, así como superar a parte práctica.

Prezo e prazo de inscrición:  250 euros ata o día 15 de setembro e 270 ata o día 1 de outubro.

Formulario de inscrición e máis información:  https://aventeira.com/escola-de-tempo-libre/datl/

Teléfonos: 722 349 493 e 722 349 497
Correo electrónico: escola@aventeira.com