Fluxo e Conexión: Movemento espontáneo e danza intuitiva

22 Mar 2022

Taller organizado pola Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ribadavia.
O obxectivo do taller é crear espazos para o movemento espontáneo, intuitivo e a libre expresión a través do corpo. Centrarase en aumentar a conciencia e o movemento do corpo.
Utilizando diversos métodos de traballo co corpo (teatro e adestramento físico, danza intuitiva, 5 ritmos, improvisación de contacto, coreoterapia, método Gaga, movemento) tentarase renovar e ampliar a nosa relación co noso corpo, buscando tensións e lugares dolorosos para movernos e relaxarnos. Tamén se centrará na integración do noso corpo e mente.

Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ribadavia
988 471 929
omix.ribadavia@gmail.com
Casa da Xuventude, Rua Porta Nova de abaixo 9.
32400 Ribadavia
www.omixribadavia.wordpress.com