Financiamento de bolsas a mocidade da provincia de Lugo

22 Mar 2022

A Fundación de EOI convoca subvencións a asociación e a empresas de calquera sector, da provincia de Lugo, para o financiamento de bolsas a mocidade rexistrada no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, que realicen prácticas non laborais en empresas.

Poderán ser entidades beneficiarias desta convocatoria as empresas (xa sexan persoas físicas ou xurídicas) de calquera sector, asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro, con sede ou centro de traballo situado na Provincia de Lugo.

As prácticas non laborais irán dirixidas a persoas mozas beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil que teñan entre 18 e menos de 30 anos, que posúan unha titulación oficial universitaria, titulación de formación profesional, de grao medio ou superior, ou titulación do mesmo nivel que o desta última, correspondente aos ensinos de formación profesional, artísticas ou deportivas, ou ben un certificado de profesionalidade. Así mesmo, non deben ter unha relación laboral ou outro tipo de experiencia profesional superior a tres meses na mesma actividade.

Prazo: 23 de maio de 2022
Máis información no BOE do 22 de marzo de 2022 e en https://www.eoi.es/es