Bolsa de Investigación para Mocidade sobre os Roteiros da Seda

21 Mar 2022

A UNESCO fai un chamamento a mozos e mozas menores de 35 anos para que soliciten a "Bolsa de Investigación para Mocidade sobre os Roteiros da Seda 2022", que ten como obxectivo mobilizar a investigadores para profundar no estudo do patrimonio compartido dos Roteiros da Seda.

Concederanse doce bolsas de 10.000 dólares por proxecto de investigación.

A investigación debe abordar cuestións específicas relacionadas con:
O patrimonio compartido e as identidades plurais dos Roteiros da Seda.
A súa diversidade interna.
A creatividade, o diálogo intercultural, a cohesión social, a cooperación rexional e internacional.
En última instancia, a paz e o desenvolvemento sostible.

Esta bolsa lanzouse por primeira vez en 2021 e englóbase dentro do Programa do Roteiro da Seda da UNESCO co apoio da Comisión Nacional da República Popular China para a UNESCO, no marco dos programas do sector de Ciencias Sociais e Humanas da UNESCO.

As propostas deberán presentarse en inglés e enviarse por correo electrónico a silkroadsgrant@unesco.org.

A data límite para a presentación das propostas é o 31 de maio de 2022.

Requisitos
Poderán solicitar a bolsa os investigadores de posgrao que teñan 35 anos ou menos no momento da solicitude. A investigación proposta pode ser realizada por un investigador individual ou pode ser parte dun proxecto de investigación en grupo ou colaborativo.

Dotación
Concederanse doce bolsas de 10.000 dólares por proxecto de investigación

https://es.unesco.org/silkroad/content/la-unesco-presenta-la-convocatoria-para-la-beca-de-investigacion-para-jovenes-sobre-las