Bolsas de Google do Programa de Formación, Work in Tech

16 Mar 2022

A Fundación "FAD Juventud" pon en marcha a 2ª edición das Bolsas de Google do Programa de Formación, Work in Tech.

É un programa de formación para lanzar a carreira profesional de mozos e mozas residentes en España, de 18 a 35 anos, mulleres, persoas migrantes e persoas en desemprego ou con empregos de alta temporalidade para acceder a postos de traballo altamente demandados co acompañamento de titores no proceso.

Fad xestiona 120 bolsas de formación en Soporte IT.

A quen vai dirixida?
A mozos e mozas residentes en España, de 18 a 35 anos
- Con Competencias Dixitais Básicas
- En Desemprego ou con empregos temporais
- Persoas con familias monoparentais
- Persoas migrantes, refuxiadas e solicitantes de protección internacional
- Con interese en Tecnoloxías da Información

Que obterás?
Certificado Profesional de Google
120 horas de duración desenvolvidas nun prazo máximo de 3 meses.
Formación En liña a través da Plataforma Coursera
Certificado Profesional avalado polos principais grupos de axencias de publicidade de España como Accenture Interactive, Dentsu, Havas Media Groupe, IPG Mediabrands, Making Science, Labelium, Omnicom Media Group, Publicis Group, t2ó, e WPP
Orientación laboral
Terás un acompañamento profesional con expertos/as do sector IT e da área dos recursos humanos para o teu desenvolvemento en habilidades transversais que complementen ás competencias técnicas adquiridas para afrontar a túa procura de emprego profundando no coñecemento deste sector.
Networking
Pool de aceleración de talento para potenciar a empregabilidade.
Formarás parte da Bolsa de Talento WiT na que accederás a procesos de selección e a outras formacións especializadas para o teu desenvolvemento profesional

Prazo ata o 1 de xuño de 2022

https://workintech.campusfad.org/