Talleres de arquitectura contemporánea para os máis novos

15 Mar 2022

O CGAC continúa co ciclo de talleres dedicado á arquitectura contemporánea para o público infantil.

Os talleres, que teñen lugar a última fin de semana de cada mes, desenvólvense baixo a dirección do arquitecto e educador Fermín Blanco co apoio do equipo didáctico do Sistema Lupo. O seu obxectivo é proporcionarlles aos nenos e nenas as ferramentas e as claves necesarias para interpretar a arquitectura do noso tempo a través das teorías, os proxectos e os traballos dos arquitectos e arquitectas máis importantes dos últimos tempos.

MARZO. Lacaton & Vassal. Rehabilitar en clave bio: xogos de módulos, crecementos infinitos
Sábado, 26 de marzo. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo, 27 de marzo. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 15 ao 24 de marzo ás 13:00 horas

ABRIL. Neufert. Unha familia pegada a unha cinta métrica
Sábado, 23 de abril. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo, 24 de abril. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 12 ao 21 de abril ás 13:00 horas

MAIO. César Manrique. Paisaxe construída
Sábado, 28 de maio. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo, 29 de maio. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 16 ao 24 de maio ás 13:00 horas

Inscrición:
Todos os talleres son de balde. As persoas interesadas poderán inscribirse, dentro dos prazos establecidos, a través do correo electrónico cgac.prensa@xunta.gal indicando os seguintes datos: nome completo e idade dos participantes, número de teléfono e enderezo de correo electrónico de contacto, e nome do taller ao que desexan asistir.

https://cgac.xunta.gal/gl/actividades/mies-e-talleres-experimentais-de-arquitectura-contemporanea-2022