Actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas

03 Mar 2022

O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca o Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas.

Son actuacións subvencionables aquelas que se realicen en vivendas, xa sexan unifamiliares ou pertencentes a edificios plurifamiliares, que constitúan o domicilio habitual e permanente das persoas propietarias, usufrutuarias ou arrendatarias no momento de solicitar a axuda, sempre que consegan unha redución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración de, polo menos, o 7 %; ou unha redución do consumo de enerxía primaria non renovable de, polo menos, un 30 %; ou, no caso de actuacións de modificación ou substitución de elementos construtivos da envolvente térmica, adecuar as súas características aos valores límite de transmitancia térmica e de permeabilidade ao aire.

O importe da subvención será do 40 % do custo da actuación, cun límite de 3.000 euros.
As solicitudes presentaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co procedemento VI406E
As axudas poderanse solicitar ata o 14 de outubro de 2022.

Máis información no DOG do 3 de marzo de 2022