Bolsas para o o Máster en Produción Xornalística e Audiovisual da UDC

02 Mar 2022

A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre convoca 30 bolsas que inclúen unha dotación económica de 3.500 euros cada unha, para estudar o Máster en Produción Xornalística e Audiovisual da Universidade da Coruña durante o curso académico 2022/23. 10 destas bolsas están destinadas a alumnos estranxeiros.

O prazo de inscrición dos alumnos nacionais comezará o 2 de maio e finalizará o 18 de xullo de 2022. Para os alumnos estranxeiros será ata o 17 de abril de 2022.

Bases da convocatoria e solicitudes dispoñibles na páxina web: www.mpxa.net