Subvencións para a renovación de electrodomésticos

01 Mar 2022

A Axencia Instituto Enerxético de Galicia convoca subvencións para a renovación de electrodomésticos.
A convocatoria estará aberta desde o 23 de marzo ata o 30 de setembro de 2022 ou ata que se esgoten os fondos.
As solicitudes presentaranse na sede electrónica da xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co procedemento IN414C.

Electrodomésticos subvencionables
Frigorífico e frigorífico-conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D
Conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D
Lavadora A, B ou C
Lavalouza A, B ou C
Placas de cociña de indución total (soamente tecnoloxía de indución, non mixtas)

Información
Na páxina web do Inega, www.inega.gal e no correo electrónico inega.info@xunta.gal
No teléfono: 981 54 15 00.
DOG do 1 de marzo de 2022