Bolsa de conservación de pintura do Século XIX no Museo do Prado

23 Feb 2022

O Museo do Prado convoca unha bolsa que contribúa á formación de investigadores e especialistas na área de Conservación de Pintura do Século XIX.

Requisitos:
- Finalizar os estudos conducentes á obtención do título esixido con posterioridade a xaneiro de 2017.
- Titulación: Grao universitario ou equivalente en Historia da arte. Os expedientes académicos con valoración media inferior a notable ou equivalente serán desestimados (por baixo de 2 puntos nunha escala de 0 a 4 e por baixo de 7 puntos nunha escala de 0 a 10).

A bolsa terá unha duración de 12 meses consecutivos. A contía da bolsa será de 18.000 €.

Prazo: 16 de marzo de 2022.
Máis información no BOE do 23 de febreiro de 2022 e en https://www.museodelprado.es/museo/becas