Axudas para a creación de novas empresas e para consolidación do emprego

21 Feb 2022

A Consellería de Emprego convoca axudas para a creación de novas empresas e para consolidación do emprego.

Programa I. Fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación (TR807I).
Programa II. Programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT) (TR340E)

Programa I. Fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación
A finalidade deste programa é xerar emprego estable para persoas desempregadas, principalmente entre as mulleres, as persoas con discapacidade e en risco de exclusión social, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego.
a) Subvención á xeración de emprego estable.
b) Subvención para formación.
c) Subvención para o inicio da actividade.
d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.
As solicitudes poden presentarse en https://sede.xunta.es co procedemento TR807I.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 31 de xullo de 2022.

Programa II. Programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT).
As empresas cualificadas como IEBT poderán solicitar as seguintes modalidades de axudas:
a) Subvención á creación directa de emprego estable.
b) Subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación.
c) Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade.
d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.
As solicitudes poden presentarse en https://sede.xunta.es co procedemento TR340E.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de setembro de 2022

Máis información no DOG do 21 de febreiro de 2022 e en https://empregoeigualdade.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego