Fomento das actividades escénicas e musicais 2022 na provincia de Ourense

25 Xan 2022

A Deputación de Ourense convoca axudas económicas para o fomento das actividades escénicas e musicais.

Poderán ser beneficiarios directos as persoas físicas ou xurídicas ou as agrupacións sen personalidade xurídica, que reúnan os seguintes requisitos:
- Realizar actividades escénicas ou musicais, entendendo por tales as de bandas de música, bandas de gaita, agrupacións corais, tunas, orquestras ou grupos de música tradicional, folk, pop, rock, jazz ou clásica, grupos de teatro, grupos de danza tradicional galega, grupos de ballet clásico o ou contemporáneo, solistas ou intérpretes, espectáculos de maxia, humor e calquera outra actividade análoga.
- Ter o seu domicilio na provincia de Ourense.

Os/as artistas e agrupacións poden darse de alta como beneficiario directo ata o 20 de decembro de 2022.

O importe subvencionable será do 50% do custo total de cada actuación, correspondéndolle ao promotor da actuación o pago do 50% restante.
Os custos totais para cada unha das actuacións son os seguintes:
Bandas de música: 900 € por cada actuación. No caso das bandas de música integradas por 26 ou máis membros, engadiranse 25 € por cada integrante da banda participante na actuación que exceda de 25, ata o límite máximo de cincuenta membros.
- Grupos de gaitas: (ata 5 compoñentes): 300 €.
- Bandas de gaitas: (máis de 5 compoñentes): 300 € máis 25 € por cada compoñente que exceda de cinco, ata un tope de vinte e cinco membros.
- Charangas: ata dez compoñentes: 500 €; máis de dez compoñentes: 650 €.
- Orfeóns e corais: 650 €.
- “Rondallas” e tunas: 650 €.
- Grupos de rock, folk, jazz, pop e similares: 900 €.
- Grupos de danza folclórica: 600 €.
- Grupos de teatro, magos, pallasos e malabares: 600 €.
- Outros: 600 €.

Solicitude e autorización de actuacións:
Á vista dos artistas e grupos artísticos seleccionados, os promotores interesados poderán formular por escrito solicitudes para a realización de actuacións.
As solicitudes formularanse como mínimo cun mes de antelación á data prevista para que teñan lugar as actuacións solicitadas.

Máis información no BOP de Ourense do 25 de xaneiro de 2022