Bolsas para o curso avanzado de especialización orquestral

24 Xan 2022

A Escola de Altos Estudios Musicales de Galicia convoca un curso avanzado de especialización orquestral título propio de posgrao da Universidade de Santiago de Compostela.

Ofertase 18 prazas:
Violín 6
Viola 2
Violonchelo 2
Contrabaixo 1
Oboe 1
Frauta 1
Clarinete 1
Fagot 1
Trompa 1
Trompeta 1
Percusión 1

Requisitos:
a) Idade: Poderán inscribirse aqueles candidatos nacidos a partir do 1/10/92
b) Estar en posesión do título de Grao Superior ou certificación de estudos que corresponda e que acredite a finalización dos estudos musicais ou ben que se encontre en trámites de finalización. Neste último caso, o alumno deberá posuír a condición de titulado superior antes do 31 de decembro de 2022.

Todos os alumnos dispoñerán dunha bolsa por unha cantidade de 300 euros ao mes, de outubro do 2022 a xuño de 2023, ambos os incluídos. Os alumnos, como membros de pleno dereito da USC, terán posibilidade de aloxamento na Residencia Universitaria do Burgo das Nacións.

Inscrición: As solicitudes poderán presentarse ata o día 23 de maio de 2022 a través da páxina web www.eaem.es

Máis información en www.eaem.es 

http://www.consorciodesantiago.org/sites/default/files/convocatoria_caeo22.pdf