XXVI Concurso fotográfico Lactación Materna

14 Xan 2022

Este Concurso ten como obxectivo normalizar a lactación materna na nosa sociedade a través da arte da fotografía, mostrando imaxes de nais en actitude de aleitar.

Cada participante poderá presentar un máximo de 4 fotografías.

As fotografías enviaranse en formato dixital jpg, cun tamaño máximo de 5 Mb e unha resolución de 300 ppp cada unha. É condición indispensable para participar enviar as fotografías impresas en papel fotográfico en tamaño 20x25. As fotografías non deben ir montadas en ningún soporte.

Participarán todas as fotografías rexistradas a través do formulario na web e recibidas por correo postal cuxos paquetes ou sobres teñan cuños de data ata o 31 de marzo de 2022

Primeiro Premio: 1000 €
Segundo Premio: 600 €
Terceiro Premio: 500€
Premio “Lactación Materna noutras culturas”, á mellor fotografía con valores antropolóxicos e étnicos distintos aos da nosa cultura: 400€.
Premio “Lactación materna no traballo”: 400€.
Premio “Aleitar a máis dun fillo ou filla”: 400€
Premio “Lactación Materna Prolongada”, á mellor fotografa aleitando a un neno ou nena maior de dous anos: 300€.
Premio Concello de Ondara, dotado con 300€.
Premio Concello de Orba, dotado con 300€.
Premio Concello de Pego, dotado con 300€.
Premio Concello de Poble Nou de Benitatxell, dotado con 300€
Premio Concello de Xàbia, dotado con 300€
Premio Colexio de Enfermería de Alacante, dotado con 200€

Prazo: 31 de marzo de 2022

http://www.grupnodrissa.org/lcx17a93l/wp-content/uploads/2021/12/basesiprotecciodades2022.pdf