Proxectos de atención social integral a persoas en situación de explotación sexual

14 Xan 2022

Secretaría Xeral da Igualdade convoca subvencións dirixidas ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade de apoiar a recuperación e a integración social e laboral destas persoas.

As solicitudes presentaranse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co formulario SI431A
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 14 de febreiro de 2022.
Máis información no DOG do 14 de xaneiro de 2022 e en https://igualdade.xunta.gal