Prazas na Universidade de Santiago

13 Xan 2022

Anuncio da apertura do prazo de solicitudes para varias prazas na Universidade de Santiago de Compostela.

Resolución do 3 de xaneiro de 2022, da Universidade de Santiago de Compostela, pola que se publica a convocatoria de probas selectivas para acceso á Escala Auxiliar de Arquivos, Bibliotecas e Museos.

No «Diario Oficial de Galicia», número 236, do 10 de decembro de 2021, publicáronse as bases da convocatoria polas que se rexerán as probas selectivas para cubrir dez prazas na escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, subgrupo C1, pola quenda de acceso libre.

Bases da convocatoria

Resolución do 3 de xaneiro de 2022, da Universidade de Santiago de Compostela, pola que se publica a convocatoria de probas selectivas para acceso á Escala Facultativa de Arquivos, Bibliotecas e Museos, especialidade Bibliotecas.

No «Diario Oficial de Galicia», número 226, do 24 de novembro de 2021, publicáronse as bases da convocatoria polas que se rexerán as probas selectivas para cubrir tres prazas na escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas, subgrupo A1, polas quendas de promoción interna e de acceso libre. 

Bases da convocatoria

O prazo de presentación de solicitudes é de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no «Boletín Oficial do Estado»(BOE Núm. 11 do xoves 13 de xaneiro de 2022)

Nas convocatorias establécese o procedemento para a presentación as solicitudes.