Prazas no Concello da Coruña

13 Xan 2022

Anuncio da apertura do prazo de solicitudes para varias prazas convocadas polo Concello da Coruña.

No «Boletín oficial da provincia da Coruña» número 231, do 3 de decembro de 2021, publicáronse as bases que han de rexer a convocatoria para prover:

Tres prazas de Inspector/a de a Policía Local, pertencentes á escala de Administración Especial, subescala de Servizos Especiais, clase Policía Local, subgrupo A2, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.

Unha praza de Enxeñeiro/a Técnico/a Industrial, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica, clase Técnicos Medios, subgrupo A2, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial do Estado (BOE Núm. 11 do xoves 13 de xaneiro de 2022).

Os sucesivos anuncios referentes a estas convocatorias, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Bases Inspector/a Policía Local

Bases Enxeñeiro/a Técnico/a Industrial