Bolsas Alicía de investigación para cociñeiros e científicos

29 Ago 2012

becas_Alicia_nA Fundación Alícia convoca programas de bolsas para cursar prácticas.
A Fundación ALÍCIA, ALI-mentación e cen-CIA, é un centro de investigación dedicado á innovación tecnolóxica en cociña, á mellora dos hábitos alimentarios e á valoración do patrimonio agroalimentario e gastronómico.
O programa posibilita a interacción nas áreas de coñecemento asociadas á cociña e as disciplinas relacionadas, dende o punto de vista da ciencia, a tecnoloxía, a saúde, a produción de alimentos dende a horta, a súa divulgación e o seu consumo. Os bolseiros asignaranse a unha das áreas de traballo da Fundación, incluíndo tamén as hortas, onde participarán no proxecto de cultivo ecolóxico da Fundación.

A quen vai dirixido?
Diríxese a estudantes que estean matriculados en calquera universidade ou escola que teña formalizado un convenio de prácticas coa Fundación Alícia. Se o centro do solicitante non conta con convenio de prácticas, a formalización da bolsa poderase facer por medio da Escola Universitaria de Hotelería e Turismo da Universidade de Barcelona (EUHT CETT-UB).

A Fundación Alícia convoca 18 bolsas anuais de investigación na sede de Alícia durante o 2013, repartidas en tres períodos:

xaneiro - abril
maio - xullo
setembro - decembro

As convocatorias para cada período ábrense aproximadamente con seis meses de anticipación. O número máximo de bolseiros admitidos por período será de oito. Para saber se un período ten aberta a admisión de solicitudes será necesario consultar o apartado "Bolseiros" da web www.alicia.cat.
A lista de admitidos publicarase na web de Alícia aos dous meses de finalización de cada período de admisión de solicitudes e comunicarase tamén de forma personalizada aos solicitantes.

Máis información en www.alicia.cat