Programa de Axudas Tarxeta Benvida

11 Xan 2022

A Consellería de Política Social convoca o Programa de Axudas a través da Tarxeta Benvida dirixido ás familias que no ano 2022 teñan un/unha fillo/a, adopten ou sexan declaradas en situación de garda dun/dunha neno/a con fins adoptivos e para aqueloutras que, tendo obtido a axuda ou non accedendo a ela por superar os ingresos previstos nas respectivas convocatorias no ano 2020 e 2021, experimentasen unha variación á baixa da renda da unidade familiar.

A Tarxeta Benvida poderá empregarse para a compra, en establecementos da Comunidade Autónoma de Galicia, de produtos para o neno ou nena, como leite e outros alimentos infantís, cueiros, roupa, berces, artigos de paseo e de viaxe, libros, produtos ópticos, de hixiene infantil ou farmacéuticos.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado, anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (código de procedemento BS403B).

Máis información Tarxeta Benvida 2022