Concurso Fotolibro

05 Xan 2022

A Comunidade de Madrid convoca a V edición do Concurso Fotolibro <40 para a selección dun proxecto fotográfico.

O premio consistirá na edición, publicación e distribución dun fotolibro, coeditado pola Comunidade de Madrid e unha editorial de referencia no sector.

Requisitos
Poderá participar calquera fotógrafo ou colectivo de nacionalidade española menor de 40 anos ao peche da convocatoria. No caso dos colectivos, polo menos o 50 por cento dos seus membros deberá reunir este requisito e deberán designar un representante ou interlocutor principal.

Envío de proxectos: ata o 15 de febreiro de 2022, incluído

https://www.comunidad.madrid/cultura/oferta-cultural-ocio/concurso-fotolibro