Residencia artística

05 Xan 2022

A Fundación 3piedras lanza, en colaboración co CDAN, Centro de Arte e Natureza de Huesca, a súa terceira convocatoria de residencias artísticas para a realización de proxectos contemporáneos durante 2022.

Situada en Ara, unha pequena vila de 30 habitantes no Pirineo aragonés, a residencia terá como eixo temático "Saberes rurais", unha aposta polo mundo rural e a reconexión do ser humano coa natureza.

A convocatoria diríxese a artistas e creadores/as que teñan a intención de desenvolver un proxecto artístico relacionado coas artes plásticas, audiovisuais, de investigación ou experimentación artística.

A residencia terá dous meses de duración (cun máximo de tres períodos distintos) e levará a cabo, de forma flexible, entre o 1 de maio e o 31 de outubro de 2022.

Todas as propostas presentadas deberán contemplar a realización dunha actividade aberta aos habitantes da zona a modo de intercambio de experiencias e restitución á Contorna, por ejempo, un taller ou unha charla.

A convocatoria para a presentación de propostas está aberta ata o 1 de febreiro de 2022 ás 23:59 h.

A súa dotación inclúe 2.000 euros en concepto de honorarios profesionais, un máximo de 1.500 euros en concepto de produción artística, bolsa de viaxe e manutención.

Así mesmo, 3piedras proporciona aloxamento en habitación privada con cama dobre, cociña, baño, soportal, conexión wifi, ademais dun taller de práctica artística con varios espazos e ferramentas. Tamén se pon a disposición un coche, ligado ao seu uso compartido.

Máis información: A presentación e dúbidas realizaranse vía correo electrónico á dirección: administracion@3piedras.org

https://3piedras.org/