Premio KidsRights

04 Xan 2022

Cada ano, KidsRights organiza un premio que ten como obxectivo premiar a un neno ou nena cuxos esforzos valentes ou extraordinarios tivesen un impacto en nome dos dereitos da infancia en todo o mundo.

A persoa gnadora recibirá a figura ' Nkosi, que mostra como un neno pon o mundo en movemento, unha bolsa de estudo e manutención e unha plataforma mundial para promover os seus ideais en beneficio dos dereitos dos nenos. Ademais, KidsRights investirá un fondo de 100.000 € en proxectos que estean estreitamente relacionados coa área de traballo e no país do gañador.

Quen pode poarticipar?:
- Un neno ou nena maior de 12 anos e menor de 18 anos; (non debe ter máis de 17 anos no momento da data límite de nomeamento)
- De todo o mundo;
- Debe ter un historial claro de defender e loitar polos seus dereitos e os doutros nenos. É importante que o neno teña un enfoque activo para lograr este obxectivo, o que levou a un resultado concreto;
- Capacidade para viaxar ao estranxeiro e sentirse cómodo comunicándose con outras persoas;
- Aceptar ser nomeado para o Premio Internacional da Paz para Nenos;
- Os nomeamentos grupais son posibles sempre que cada individuo no grupo fixese un esforzo demostrable para os dereitos do neno e a posición dos nenos vulnerables, en calquera parte do mundo.
- As organizacións non son aceptadas como nomeadas elegibles.
Prazo: Ata o 1 de marzo de 2022.

https://www.kidsrights.org/advocacy/international-childrens-peace-prize/