Bolsas de posgrao do Banco de España

04 Xan 2022

O Banco de España, co fin de fomentar a investigación e o estudo da economía convoca 10 bolsas de ampliación de estudos dirixidas a persoas tituladas universitarias e alumnado de último curso de carreira que desexen ampliar os seus coñecementos no marco económico mediante a realización duns estudos de posgrao oficiais.

Estas axudas poderanse conceder para dous cursos académicos, sempre que os estudos solicitados polo aspirante así o requiran. En caso contrario, concederanse por un só curso académico.

Dotación anual:
- 29.000 dólares estadounidenses para os estudos realizados nos Estados Unidos de América.
- 18.500 libras esterlinas para os estudos realizados no Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte.
- 21.500 euros para os estudos realizados en España e no resto dos países europeos.

Prazo: ata o 12 de febreiro de 2022.

https://www.bde.es/bde/es/secciones/convocatorias/Becas/bae10.html