Axudas contra a violencia de xénero

04 Xan 2022

A Consellería de Emprego e Igualdade convoca a seguintes axudas en materia de violencia de xénero:

Axudas de medidas de protección integral contra a violencia de xénero

Tipos de axudas:
- Axudas dirixidas a mulleres vítimas de violencia de xénero que residan en Galicia e acrediten insuficiencia de recursos e unhas especiais dificultades para obter un emprego.
- Axudas de indemnización dirixidas ás mulleres que sofren violencia de xénero e/ou as e os menores ou persoas dependentes delas polos danos e perdas ocasionados como consecuencia da situación de violencia, fixadas mediante sentenza xudicial, no caso de incumprimento, por insolvencia, por parte do obrigado a satisfacelas.
As solicitudes poden presentarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co formulario SI434B
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 30 de novembro de 2022.


Prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero.

Requisitos das solicitantes:
Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia e de dependencia económica do seu agresor, ou no caso de vítimas de trata con fins de explotación sexual, de dependencia da persoa que mantiver sobre ela unha relación de dominación.
Ter cesado a convivencia co agresor, ou coa persoa que mantiver sobre ela unha relación de dominación, no intervalo temporal que comprende aos 12 meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.
Estar empadroada e ter residencia efectiva en Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia.
No caso de vítimas de trata con fins de explotación sexual, será suficiente acreditar que posúen autorización de residencia por circunstancias excepcionais.
Carecer de dispoñibilidade de recursos económicos ou ser de contía insuficiente para afrontar unha independencia inmediata do seu agresor ou da persoa que mantiver sobre ela unha relación de dominación, e/ou dispoñer dunhas rendas ou ingresos brutos mensuais iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM vixente

As solicitudes poden presentarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co formulario SI434A
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto todo o ano.

Máis información no DOG do 4 de xaneiro de 2022 e en https://igualdade.xunta.gal