Axudas para crear empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais

03 Xan 2022

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) convoca axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais.

Con carácter xeral serán subvencionables as seguintes actividades:

a) Obradoiros e fábricas destinados á produción de bens e materiais.
b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios.
c) Prestación de servizos en calquera sector económico (agricultura, silvicultura, sector industrial e de servizos...).
d) Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas escola...).
e) Actividades de lecer, recreativas e deportivas.
f) Artesanía e actividades artesanais.
g) Actividades baseadas nas novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), innovación tecnolóxica e comercio electrónico.
h) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial, contabilidade, veterinaria.
i) Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.
j) No sector da hostalaría, exclusivamente a creación de novos restaurantes situados en construcións patrimoniais senlleiras (pazos, muíños, patrimonio industrial, pallozas, faros…) que fagan uso do produto de proximidade.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata ás 14:00 h do 8 de marzo de 2022.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento IG501A
Máis información no DOG do 3 de xaneiro de 2022 e en http://www.tramita.igape.es