Programa de Primeira Experiencia Profesional nas Administracións Públicas

30 Dec 2021

A Consellería de Emprego e Igualdade ven de convocar as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao financiamento do Programa de primeira experiencia profesional nas administracións públicas, de contratación de persoas mozas desempregadas no seo dos servizos prestados pola Administración pública galega, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022 (código de procedemento TR349U).

Poderán ser entidades beneficiarias da subvención os órganos da Administración da Xunta de Galicia e os seus organismos autónomos, así como as demais entidades que integran o sector público autonómico de Galicia segundo o artigo 3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sempre que se obriguen a contratación de persoas mozas traballadoras desempregadas, maiores de 16 e menores de 30 anos.

O prazo de solicitude de axudas desta orde iníciase o 3 de xaneiro de 2022 e remata o 3 de febreiro de 2022.

Máis información no DOG Núm. 250 Xoves, 30 de decembro de 2021