Premio Alimentos de España

30 Dec 2021

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación ven de convocar, en réxime de concorrencia competitiva, o Premio "Alimentos de España, ano 2021".

Modalidades:

a) Premio "Alimentos de España á Industria Alimentaria" e Accésit "Alimentos de España á Iniciativa Emprendedora".

b) Premio "Alimentos de España á Produción Ecolóxica".

c) Premio "Alimentos de España á Internacionalización Alimentaria".

d) Premio "Alimentos de España á Produción da Pesca e da Acuicultura".

e) Premio "Alimentos de España á Comunicación".

f) Premio "Alimentos de España á Restauración".

g) Premio "Extraordinario Alimentos de España".

Poderán participar as empresas, entidades ou persoas físicas ou xurídicas de natureza pública ou privada.

O prazo de presentación de solicitudes será de tres meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste extracto no "Boletín Oficial do Estado" Núm. 313 Xoves 30 de decembro de 2021.


Extracto da convocatoria