O pneumático en positivo

23 Dec 2021

Tratamento Pneumáticos Usados (TNU) convoca o seu 5º concurso fotográfico titulado "O pneumático en positivo".
O obxectivo deste concurso é recoñecer, premiar e difundir unha visión positiva do pneumático a través de fotos que transmitan a súa dimensión sostible e ecolóxica, en liña cos valores da economía circular: Reducir, Reutilizar, Reciclar e Recuperar, coa finalidade de sensibilizar á sociedade sobre a importancia de reducir o noso impacto ambiental.

Cada concursante poderá presentar un máximo de 5 fotografías. Os autores deberán presentar fotografías propias, inéditas e que non resultasen seleccionadas ou premiadas en calquera outro certame. As fotografías só poderán ser presentadas polos seus propios autores.

O prazo para presentar obras estará aberto ata o 28 de febreiro de 2022.

Por primeira vez, este concurso convócase en Instagram. A mecánica de participación é moi sinxela:
1. Subir fotografía ao teu muro de Instagram
2. Mencionar na publicación os dous hashtags: #TNU e #NeumáticosEnPositivo
3. Etiquetar a @tnu.neumaticos
4. Ser seguidor do perfil @tnu.neumaticos

Premios:
1º premio: 1.000 euros.
2º premio: 500 euros.
3º premio: 250 euros.
De entre o resto de obras finalistas, seleccionaranse 10 accésits, que recibirán 40 euros. Deles, 5 serán as obras que máis cantidade de “Gústame” recibisen no perfil de Instagram de @tnu.neumaticos.

https://www.tnu.es/wp-content/gallery/5o-concurso-fotografia/bases-5-concurso-fotografico-tnu.pdf