VI Concurso de Relato Curto e Audiovisual “Educando contra a violencia”

23 Dec 2021

A Federación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios de Murcia organizan o sexto concurso de relato curto e audiovisual “Educando contra a violencia” 2021

Poderán concorrer na parte do Certame Literario todos os escritores e escritoras que o desexen, sen distinción de nacionalidade.

Poderá concorrer na parte do Certame Audiovisual o alumnado matriculado en calquera centro educativo do territorio nacional sen distinción de idade, nacionalidade, sexo ou rango educativo. Isto é, poderán participar alumnos que cursen estudos en España desde ensino primario ata educación de adultos ou posgraos.

Certame Literario
Establécense dúas categorías de participación para a modalidade literaria: menores de 18 anos e maiores de 18 anos. Poderán concorrer cunha obra orixinal e inédita. Características dos traballos:
- Serán presentados en lingua castelá, a dobre espazo e con tipo de letra Times New Roman de 12 puntos.
- A súa temática estará relacionada coa erradicación da violencia sobre a muller.
- Os relatos curtos non superarán as 550 palabras, título excluído.

Certame audiovisual
A participación no concurso realizarase por equipos entre dous e catro participantes, matriculados nalgún dos centros educativos, coordinados por un docente do centro. Un mesmo docente poderá coordinar máis dun equipo no seu centro. Non existe límite para o número de equipos que se poden formar en cada centro.

O vídeo creado por cada equipo deberá ser gravado en formato dixital. Deberán ter unha duración mínima de 30 segundos e máxima de 1 minuto.

A base do vídeo é a erradicación da violencia de xénero, enfocado á prevención e sensibilización desta problemática. Debe exemplificar a importancia das relacións sas, podendo tamén mostrar o dano que produce a violencia á sociedade en xeral.

O envío das obras realizarase a través de correo electrónico á seguinte dirección educandocontralaviolencia@gmail.com
A data límite para a presentación de traballos será o 31 de xaneiro de 2022 ás 23:59 horas.

A entrega de premios terá lugar nunha data próxima ao Día Internacional da Muller, que se celebra o 8 de marzo de 2022.

Dotación
Certame Literario.
- Maiores de 18 anos: Primeiro premio: cheque de 250 € Accésit: Tableta
- Menores de 18 anos: Primeiro premio: Tableta Accésit: Lote de libros

Certame audiovisual
- Para o centro: Un cheque por valor de 250 €.
- Para os compoñentes do grupo: Unha tableta ou similar para cada un.
- Para o docente coordinador: Un lote de libros.

https://www.palin.es/wp-content/uploads/2021/12/BASES-VI-_Concurso-de-Relato-corto-y-video-EDUCANDO-CONTRA-LA-VIOLENCIA.pdf