Actividades nas Casas da Mocidade de Oleiros

22 Dec 2021

As Casas da Mocidade de Oleiros, Portaberta e As Pedras, publican as súas actividades para o mes de xaneiro.

Todas as súas actividades son gratuitas e están dirixidas a mozas e mozos de entre 14 e 30 anos, independentemente do concello ao que pertenzan, tendo preferencia os empadroados no Concello de Oleiros.

Ademais continuaran coas súas seccións de entrevistas "Xuventude Activa" e "Elixe o teu futuro", así como unha entrevista co seu contacto de SEDRA - FPFE, que se realizan a través da súa conta de Instagram.

Actividades:
04/01/2022 - Festa de Reis - As pedras - 22:00h a 01:00h.
14/01/2022 - Agrupación Teatral Mariñán presenta: "Crime desorganizado" - As Pedras - 20:30h.
15/01/2022 - Torneo de tenis de mesa - Portaberta - 18:00h.
21/01/2022 - Mociradio - hora e lugar por determinar.
22/01/2022 - Obradoiro de cociña Tex Mex - Portaberta - 17:30h a 19:30h.
28 e 29/01/2022 - Obradoiro "O amor non é a hostia" - Portaberta - día 28 de 17:00 a 20:00; día 29 de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00.

Os Puntos de Información Xuvenil están abertos de luns a venres en horario de 17:00 a 20:00
O horario de apertura ao público das Casas da Mocidade é de luns a venres de 17:00 a 22:00 e sábado dende as 18:00 ate as 22:00 en Portaberta e ata as 23:00 nas Pedras.
Instagram: @centrosmocidadeoleiros
Facebook: Casas da Mocidade Oleiros
https://centrosmocidadeoleiros.wordpress.com  web na que poderás estar ao tanto das súas actividades, acceder ás inscricións, reservar espazos dos centros, facer consultas,...