Bolsas de Posgrao no estranxeiro da Fundación Barrié

21 Dec 2021

A Fundación Barrié convoca a 33ª edición do Programa de Bolsas de Posgrao para a ampliación de estudos no estranxeiro.

Concederá 10 bolsas para a realización de estudos oficiais de Máster con dedicación a tempo completo.

Os obxectivos do programa son facilitar o acceso á mellor formación científica, técnica e artística; proporcionar experiencias vitais nunha contorna internacional e multicultural e contribuír ao desenvolvemento de vínculos académicos, sociais, empresariais e culturais

A bolsa terá unha dotación máxima de 50.000 € anuais.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata as 12:00 horas do 14 de febreiro de 2022.
Máis información en https://fundacionbarrie.org/becas-posgrado-extranjero