Lectorados MAEC-AECID en Universidades Estranxeiras

20 Dec 2021

A Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento convoca 141 prazas de Lectorados MAEC-AECID en Universidades Estranxeiras para o curso 2022/2023

Requisitos:
- Cidadáns españois, con idade non superior aos 37 anos no primeiro día do mes de inicio do lectorado.
- Titulación superiores nalgunha destas disciplinas: Español, Filoloxía, Literatura, Linguas, Humanidades, Tradución, Interpretación ou Lingüística.

As axudas consisten en:
- dotación mensual que variará en función do país e universidade de destino
- axuda de viaxe de incorporación de acordo co país de destino
- seguro de asistencia en viaxe e de accidentes durante o período de vixencia da axuda
- ata 250 € para a adquisición de material didáctico para o ensino do español
- bolsas de viaxe en compensación por gastos para asistir a reunións de lectores sobre temas ou actividades relacionadas coas funcións propias do programa de lectorados.

Prazo de solicitude: do 10 ao 31 de xaneiro de 2022.
As solicitudes terán que ser cumprimentadas debida e enteiramente en español, no formulario correspondente, por vía telemática, en www.aecid.gob.es 

Máis información no BOE do 20 de decembro de 2021 e en https://www.aecid.es/ES/becas-y-lectorados