Suroscopia 2022

09 Dec 2021

Suroscopia 2022 é un certame de creación audiovisual organizado pola Universidade de Córdoba. O seu obxectivo é promover a creación e a formación no ámbito audiovisual e está destinado á comunidade das Universidades Públicas Españolas e Universidades Internacionais convidadas a cada edición.

Poderán participar os membros da comunidade universitaria (estudantado, persoal docente e investigador e persoal de administración e servizos) das universidades públicas españolas e as universidades internacionais convidadas.

O obxectivo deste certame é premiar a creación audiovisual entre membros da comunidade universitaria.

Establécense tres categorías para as creacións audiovisuais presentadas:
- Ficción: Corresponde a aquelas curtametraxes baseadas nun relato orixinal ou imaxinario, en calquera dos seus xéneros, incluído o falso documental.
- Videocreación: Acolle todos os proxectos de videocreación: videoarte, videodanza, vídeo musical e os traballos máis experimentais tanto en imaxe real como de síntese ou animación.
- Documental: Abarca os proxectos documentais, de ensaio e os de documentación.

Requisitos das obras:
- Que as obras estean realizadas en soporte dixital.
- Que as obras fosen realizadas a partir do 1 de xaneiro de 2021.

O prazo de presentación das obras estará aberto ata o día 15 de marzo de 2022.

Premios:
Premio do Xurado: premio de 900 euros ao gañador/a en cada categoría.
Premio do Público: premio de 300 euros ao gañador/a.

Bases e vídeos premiados en anteriores edicións: https://suroscopia.es/?jjj=1638861834539