XV Edición do Concurso de Historia para Mocidade "Eustory"

03 Dec 2021

A rede europea Eustory promociona este concurso en América, España e Portugal.

A participación está aberta aos alumnos nados ou residentes en España, Portugal e calquera estado do continente americano, dos niveis equivalentes a 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato, FP regrada e ESPA (estudantes de 14 a 21 anos de centros escolares non universitarios).

O tema deste ano é Traballo e crise

O tema do traballo debe tratar sobre a túa contorna humana ou xeográfica máis inmediato. A perspectiva é local: familiar, escolar ou municipal. Os enfoques rexionais, nacionais ou internacionais pódelos usar para contextualizar a túa investigación.

O formato é libre. Traballo escrito, presentación multimedia, páxina web, blogue, vídeo, audio, fotografía, obra de arte, texto dramatizado… Podes presentar o proxecto da forma que máis se adecue ao teu estilo.

Hai que presentalo en formato dixital e por separado:

Non pode ter máis de 15.000 palabras, e en caso de ser un audiovisual, non superar os 30 minutos.
Informe de procedemento, onde expliques a organización do traballo (dificultades, fases, axudas externas, etc.), as fontes de información utilizadas: libros, documentos, páxinas web, etc., e un apartado onde indiques o que aprendiches e para que che serviu. Este informe debe ter 2.000 palabras como máximo. Acórdache de terminar cunhas conclusións sobre o tema investigado. Este informe é especialmente importante para os traballos non textuais.
Informe do titor sobre as condicións previas do alumno, grupo ou marco particular no que se inscribe o proxecto e a súa impresión xeral do traballo presentado. Este informe tamén ten que de describir o labor realizado como titor. Non debe superar as 500 palabras.
Para participar, é necesario completar o formulario de inscrición e enviar o teu proxecto á seguinte dirección: concurso@eustory.es.

A data límite de recepción das obras a concurso é o día 18 de agosto de 2022.

Os traballos pódense realizar de maneira individual ou en grupo, neste caso só se permite un traballo por grupo.

Dotación
Primeiro premio de 2.500 euros alumnos e 1.250 euros titores.
4 segundos premios de 1.000 euros alumnos e 500 euros titores.
5 terceiros premios de 500 euros alumnos e 250 euros titores.
10 accésits de 200 euros alumnos e 100 euros titores.
Ademais, a Fundación Körber-Stiftung convoca anualmente aos finalistas do concurso para presentar as súas candidaturas para participar nos distintos encontros internacionais de Eustory. Os estudantes que non teñan residencia en España ou Portugal non se incluirán, en principio, como candidatos a estas actividades.

Período de inscrición: do 1 de decembro de 2021 ao 18 de agosto de 2022

http://eustory.es/