IV Concurso de Curtos "A Mocidade ante o 8 M"

29 Nov 2021

O Departamento Confederal de Mocidade-USO lanza o IV Concurso de Curtos "A mocidade ante o 8 M".

Os vídeos formarán parte da campaña do sindicato para o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

Os curtos presentados versarán sobre temas relacionados con micromachismos, feminismo, teito de cristal, igualdade de oportunidades... ou baixo a idea "A mocidade ante o 8 M".

As persoas protagonistas do curto deberán ser persoas mozas, con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos. É necesario que as persoas menores de 18 anos acompañen o curto cunha autorización asinada por unha persoa maior de idade.

Os vídeos deberán estar en horizontal, formato Full HD para que poidan ser reproducidos en diferentes dispositivos. A duración do curto non poderá ser superior aos 150 segundos sen incluír os créditos.

A data de admisión de curtos será ata o 18 de febreiro de 2022.

Poden concorrer todas as persoas maiores de idade que o desexen.

O curto gañador recibirá un premio de 500 euros e entregaranse dous premios máis de 300 euros para os curtos finalistas. Ademais, o xurado poderá premiar con accésits de 200 euros a tantos curtos como considere merecedores dos mesmos.

https://www.uso.es/juventud-uso-lanza-su-iv-concurso-de-cortos/