Concurso de grupos de Jazz

26 Nov 2021

A aula de Cultura de Getxo convoca o concurso de grupos 2022 no marco do 45 Festival Internacional de Jazz de Getxo. Este concurso pretende impulsar o crecemento e desenvolvemento profesional de grupos musicais de Jazz dándolles a posibilidade de participar no Festival e ofrecéndolles premios en metálico aos gañadores así como a edición dun CD ao mellor valorado.

O Concurso será emitido en streaming e poderá ser gravado para a súa emisión en televisión ou outros medios con fins promocionais.

Premios:
- Primeiro premio: 4.300 euros, edición dun CD e trofeo.
- Segundo premio: 1.800 euros e trofeo.
- Mellor solista: 900 euros e trofeo.

O grupo gañador ofrecerá outro concerto o domingo 3 de xullo.

Participantes:
- Poderán optar todos os conxuntos de Europa de calquera tendencia ou estilo que interpreten música de jazz.
- A idade máxima de cada un/a de os/as participantes será de 30 anos cumpridos no 2022, debendo ser acreditada no momento da inscrición.

Prazo: ata o 5 de febreiro de 2022.

https://www.getxo.eus/es/getxo-jazz/el-festival/formulario-inscripcion