Paula Cabezas Álvarez. Non deixes que te devoren Paula Cabezas Álvarez. Non deixes que te devoren

Paula Cabezas Álvarez gañadora do concurso convocado pola Xunta polo 25-N

25 Nov 2021

Paula Cabezas Álvarez, Correspondente Xuvenil do IES Saturnino Montojo de Ferrol gaña o concurso convocado pola Xunta polo 25-N, Día internacional contra a violencia de xénero.

O xurado do concurso convocado pola Xunta puxo en valor a propostas gráficas e audiovisuais presentadas nesta convocatoria polo alumnado galego de centros de ensino non universitario. Escolares de Lugo, Navia de Suarna, Ferrol, Lalín, Sanxenxo e Santiago de Compostela resultaron premiados polas pezas gráficas e audiovisuais coas que quixeron contribuír a facer unha valoración crítica sobre a violencia de xénero.

Na categoría dirixida a 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato, FP básica e de ciclos de grao medio e superior, o primeiro posto na modalidade de imaxe gráfica foi para Paula Cabezas Álvarez, Correspondente Xuvenil do IES Saturnino Montojo de Ferrol pola obra Non deixes que te devoren.

Compartimos tamén o traballo realizado Alberto Toval, profesor de Plástica no IES Saturnino Montojo

25NSATURNINO<picture>

Ligazón para descarga dos traballos premiados: https://we.tl/t-7GHBYCwfyL