Prácticas na Autoridade Bancaria Europea

24 Nov 2021

A Autoridade Bancaria Europea ofrece diferentes períodos de prácticas na súa sede en París, Francia.

Os solicitantes deben enviar a súa solicitude en inglés a EBA, traineeship-Applications@eba.europa.eu
Deben indicar o número de referencia do posto de prácticas que están a solicitar e agregar o seu nome e apelido na liña de asunto do seu correo electrónico (por exemplo, TR LEGAL 2019_ First Name, Last name)

Tamén deben incluír os seguintes documentos:
- CV en formato Europass;
- Carta de motivación;
- Cuadrícula de criterios de elixibilidade completa, datada e asinada;
- Copias dos diplomas (ou certificados correspondentes) de todos os estudos de pregrao e posgrao declarados no CV.

Destinatarios/ as:
- Persoas graduadas universitarias recentes, que completasen os seus estudos non máis de cinco anos antes da data límite de presentación de solicitudes;
- Nacionais dos Estados membros da Unión Europea, Islandia, Liechtenstein, Noruega e países candidatos.
- Ter un moi bo coñecemento do inglés, lingua oficial de traballo da EBA.

Prazo: ata o 31 de decembro de 2021.

https://www.eba.europa.eu/about-us/careers/traineeships