Premio #DígochoEu

24 Nov 2021

Queres gravar con Esther Estévez un capítulo do #DígochoEu?

Fala cos e coas colegas, argalla unha idea de guión e que o/a voso/a profe lles envíe unha proposta!

Só ten que inscribirse en digochoeu.gal e contarlles como sería ese vídeo. Non necesitan un guión completo, só unhas liñas contándolles a vosa idea.

Que a vosa imaxinación non teña límites. Se a vosa idea é elixida, Esther irá ao voso centro para gravar un vídeo que logo se verá en todas as plataformas da CRTVG: desde a tele ao TikTok do @digochoeu!

O popular espazo de fomento do uso do galego da CRTVG #DígochoEu celebra os seus 150.000 seguidores en TikTok co Premio #DígochoEu, un concurso de vídeos aberto a todos os centros escolares de Galicia, de educación Primaria e Secundaria, ou calquera de fóra de Galicia que imparta lingua galega.

O concurso constará de dúas fases:
- A primeira será o envío dun guión por parte dos profesores para a gravación dun capítulo do #DígochoEu.
- Na segunda fase, entre os mellores guións, elixiranse 10 para ser realizados nos colexios entre os alumnos e o equipo do #DígochoEu, que acudirá aos centros escolares para compartir unha xornada de gravación.

Os profesores poderán inscribir os seus colexios na web digochoeu.gal xunto coas propostas de guión do alumnado. A data límite para presentar as ideas é o 12 de decembro. Os proxectos seleccionados serán emitidos en todas as canles e plataformas dixitais da CRTVG.

No mes de maio de 2022, unha vez emitidos, un xurado externo elixirá os tres mellores, que levarán os primeiros premios #DígochoEu, de 2.000, 1.000 e 500 euros.

https://digochoeu.gal/concursos/