Avtividades e formación para a mocidade en Oleiros

24 Nov 2021

Dende as Casas da Mocidade de Oleiros, Portaberta e As Pedras, publican os carteis de actividades programadas para o mes de decembro.

Todas as actividades son gratuitas e están dirixidas a mozas e mozos de entre 14 e 30 anos, independentemente do concello ao que pertenzan, tendo preferencia os empadroados no Concello de Oleiros.

Ademais continuan coas entrevistas "Xuventude Activa" e "Elixe o teu futuro", así como unha entrevista co seu contacto de SEDRA - FPFE, que se realizan a través da súa conta de Instagram.

Actividades de Ocio:
03/12/2021 - Obradoiro de Henna - Portaberta - 18:00 a 20:00
04/12/2021 - Obradoiro de Empaquetado - As Pedras - 17:30h a 19:30h.
09/12/2021 - Obradoiro de Igualdade "Amores que molan" - As Pedras - 17:30h a 20:30h.
10/12/2021 - Obradoiro de Pintura sobre acetato - As Pedras - 17:30h a 20:00h.
11/12/2021 - Saída a Vigo - 15:00h a 23:00h.
17/12/2021 - Obradoiro de Cociña de Nadal - Portaberta - 18:00h a 20:00h.
18/12/2021 - Mociradio - As Pedras
23/12/2021 - Torneo de Lol - Modalidade Online - 17:00h
23/12/2021 - Obradoiro de Igualdade "Somos Cores" - As Pedras - 17:30h a 20:30h.
30/12/2021 - Festa de Prenoitevella - As Pedras.

Actividades Formativas:
17/12/2021 - Curso de Igualdade No Tempo Libre - As Pedras - 17:30h a 20:30h.
28/12/2021 - Obradoiro de Xornalismo - Portaberta - 17:00h a 20:00h.

Se vos xorde algunha dúbida, os seus Puntos de Información Xuvenil están abertos de luns a venres en horario de 17:00 a 20:00; e o horario de apertura ao público das Casas da Mocidade é de luns a xoves de 17:00 a 20:00 e venres e sábado ate as 22:00.


Tamén que podedes estar ao tanto de todo o que facen a través de:

Instagram: @centrosmocidadeoleiros
Facebook: Casas da Mocidade Oleiros
Páxina web: https://centrosmocidadeoleiros.wordpress.com/ na cal poderás estar ao tanto das súas actividades, acceder ás inscricións, reservar espazos dos centros, facer consultas,...