Certames Culturais 2021 da Casa de León na Coruña

23 Nov 2021

A Casa de León na Coruña convoca os seguintes Certames Culturais 2021:

XXII de Relato Curto. Os relatos non poden ter unha extensión inferior a 2 folios, nin superior a 6, mecanografados a dobre espazo, ou escritos a computador con letra Times New Roman, de tamaño 12.

XVIII de Poesía. Os poemas terán unha extensión mínima dun folio e máxima de tres, mecanografados a dobre espazo, ou escritos a computador con letra Times New Roman, de tamaño 12. Poderán estar compostos en métrica tradicional ou en verso libre.

XXII de Artes plásticas (pintura, fotografía e escultura). Cada concursante poderá presentar como máximo unha obra de cada modalidade. O tema é libre, así como o soporte e a técnica empregada. O tamaño en pintura non será superior a 90 x 50 centímetros, nin inferior a 30 x 20 cm. Se se trata de escultura, a peza non deberá exceder de 60x40x40 centímetros, podendo executarse en arxila, madeira, mármore, terra, pedra ou calquera material que o artista considere oportuno. As fotografías presentaranse en formato de copia en papel fotográfico, tamaño de 20x25. Os finalistas deberán facilitar o negativo correspondente ou, en caso de ser fotos dixitais, a gravación dixital das mesmas.

VI Júnior (poesía, relato curto e artes plásticas). O Certame Junior acolle, nunha soa categoría, as especialidades xerais convocadas pola Casa de León na Coruña nos certames culturais 2021. As características dos traballos axustaranse en tamaño, forma e demais requisitos, aos sinalados en cada unha daquelas especialidades.

A temática é de libre elección; con todo, valorarase que teñan conexión coas tradicións, paisaxes, historia, folclore, arquitectura, arte e cultura ou calquera relación con León ou Castela.

Os traballos deben entregarse na sede social da Casa de León ou envialos por correo ordinario ou outro medio adecuado de entrega, antes do día 31 de xaneiro de 2022.
A Casa de León
R/ Noia 50, baixo
15007 A Coruña

Premios:
Relato Curto:
- Diploma e 300 € para a persoa gañadora.
- Diploma para os clasificados/as como 2º e 3º, quen tamén recibirán un lote de libros se se achan presentes no acto de lectura do veredicto final do Xurado.
- Serán distinguidos con diploma todos os que alcancen a condición de finalistas.

Poesía:
- Diploma e 300 € para a persoa gañadora.
- Diploma para os clasificados/as como 2º e 3º, quen tamén recibirán un lote de libros se se achan presentes no acto de lectura do veredicto final do Xurado.
Serán distinguidos con diploma todos os que alcancen a condición de finalistas.

Artes plásticas:
- Placa de prata e diploma para a persoa gañadora.
- Diploma para os clasificados/as como 2º e 3º, quen tamén recibirán un lote de libros se se achan presentes no acto de lectura do veredicto final do Xurado.
- Serán distinguidos con diploma todos os que alcancen a condición de finalistas.

Junior:
- Diploma e tableta para a persoa gañadora.
- Diploma para os clasificados/As como 2º e 3º, quen tamén recibirán un lote de libros se se achan presentes no acto de lectura do veredicto final do Xurado.
- Serán distinguidos con diploma todos os que alcancen a condición de finalistas.

BASES