Axudas a Entidades Locais 2021-2022 da FEMP

23 Nov 2021

O Instituto da Mocidade (INJUVE) e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) convocan as Axudas a Entidades Locais 2021-2022 que financiarán programas desenvolvidos polas Corporacións Locais, desde o 1 de xullo de 2021 ata o 30 de xuño de 2022, cuxa finalidade sexa desenvolver actuacións para os e as mozas de 16 a 35 anos, que promovan os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible cuarto, quinto, décimo e décimo terceiro, mediante o desenvolvemento de programas que inclúan actividades destinadas a:

- Fomentar unha educación inclusiva, equitativa e de calidade, promovendo oportunidades de aprendizaxe.
- Promover a igualdade entre os xéneros e o empoderamento das mulleres.
- Reducir as desigualdades, prestando especial atención ás necesidades das poboacións desfavorecidas e marxinadas.
- Combater o cambio climático e os seus efectos.

Para o financiamento das devanditas actuacións destinarase a cantidade de 180.000 €, que se asignará conforme a unha distribución territorial por tramos de poboación. As Corporacións Locais deberán cumprimentar e enviar á FEMP a documentación que se atopa na súa web, Área Temática Mocidade e Infancia.

O prazo de presentación de solicitudes é do 20 de novembro ao 9 de decembro de 2021, ambos inclusive.

CONVOCATORIA