Carballo Interplay 2022. Premio a Proxectos de series

22 Nov 2021

O Carballo Interplay convoca o Premio a Proxectos de serie en galego e a 9ª Competición de series.

O Premio a Proxectos de serie en galego ten por obxectivo a incentivación e o fomento da creación e a difusión de contidos audiovisuais orixinais en lingua galega en internet.

Os proxectos presentados a este premio deben estar referidos á creación de contidos audiovisuais que han reunir as seguintes características básicas:
– Deben ser creacións audiovisuais propias e orixinais.
– Poden ser de imaxe real, animación, stop motion, técnica combinada, etc.
– As creacións audiovisuais deben estar pensadas para seren publicadas e difundidas a través de internet e mediante capítulos, episodios ou partes.
– Non hai ningún tipo de restrición de temática, xénero, estilo, nin persoas destinatarias, sempre que non conteñan ningún tipo de contido ofensivo contra ninguén.
– Deben ser gravadas orixinalmente en galego e esta debe ser a lingua do seu título e créditos.

Poderán presentarse proxectos ata o 18 de marzo de 2022.

O premio ten unha dotación económica de 3.000 euros e deberá destinarse exclusivamente á produción de, polo menos, tres vídeos da serie do proxecto premiado.

Poderán presentarse á 9ª Competición de series, aquelas series producidas entre os anos 2020 e 2022 que teñan un mínimo de 3 capítulos emitidos no momento da inscrición.
Os episodios inscritos poden ser de calquera duración, temática, xénero, de imaxe real ou animación, nacionais ou internacionais.

A inscrición farase desde a web do festival www.carballointerplay.com cubrindo debidamente o formulario de inscrición en liña ou a través da plataforma online Filmfreeway.
A inscrición é gratuíta en todos os casos.
A data límite para a inscrición é o 20 de febreiro de 2022.

Os premios outorgados serán os seguintes:
-Mellor serie: 800 euros e trofeo.
-Mellor serie versión orixinal en galego: 800 euros e trofeo.
-Premio do xurado novo: 400 euros e trofeo.
-Premio do público: 400 euros e trofeo.
-Premio a mellor guión: 200 euros e trofeo.
-Premio a mellor dirección: 200 euros e trofeo.
As series producidas en Galicia poderán optar aos dous premios de Mellor serie e Mellor serie VO Galego.

O Carballo Interplay, na súa 9.ª edición, terá lugar en Carballo do 6 ao 9 de abril de 2022.

Máis información no BOP da Coruña do 22 de novembro de 2022 e en www.carballointerplay.com