XXXVII Premio de Poesía Hiperión

19 Nov 2021

Edicións Hiperión convoca o XXXVII Premio de Poesía Hiperión, no que poderán participar autores de ata 35 anos de idade.

Os orixinais presentados deberán estar escritos en castelán. A extensión e o tema dos libros déixanse ao criterio dos autores, que deberán ter en conta as dimensións habituais dos libros de poesía.

Os orixinais presentados deberán ser inéditos. Nas primeiras páxinas do orixinal faranse constar os datos persoais e un breve currículo e achegarase unha fotografía do autor/a. Non se admite a presentación baixo pseudónimo ou plica. Os orixinais presentaranse por triplicado e mecanografados ou impresos.

O prazo de presentación estará aberto ata o 15 de decembro do 2021.

O libro gañador será publicado na colección de poesía Hiperión nos meses subseguintes e o seu autor percibirá os correspondentes dereitos. A editorial faralle entrega igualmente dun trofeo conmemorativo.

https://www.hiperion.com/premio-de-poesia-hiperion/