Prácticas Vulcanus en Xapón

18 Nov 2021

O Centro de Cooperación Industrial UE-Xapón oferta prazas para prácticas en empresas industriais xaponesas.

A duración: dende setembro 2022 ata agosto 2023.


Con este programa preténdese mellorar a cooperación entre mozos e mozas europeos e as empresas industriais xaponesas e a creación dun futuro formativo de calidade. A mecánica do programa é unha adaptación de catro meses nun seminario para a aprendizaxe do idioma e posteriormente oito meses de prácticas nunha empresa xaponesa. A contía durante a duración será duns 15.000 euros ao cambio monetario, e proporcionarase aloxamento durante o seminario, curso de idioma e prácticas. Como criterios de selección valorarase o expediente académico, referencias de profesores, actitude de traballo, entre outros aspectos.

Destinatarios/as:

Mozos/as de estados membros da UE ou dun país colaborador de COSME cos seguintes perfís académicos: enxeñería mecánica, nuclear, informática, civil, electrónica, física, matemáticas. Os solicitantes deben estar polo menos no cuarto ano de estudos e penúltimo de posgrao. Deberase acreditar co xustificante de matriculación antes do programa.

DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN:

Ata o 20 de xaneiro de 2022.

LIGAZÓNS EXTERNAS:
Máis información