XXIII Premio Gloria Fuertes de Poesía Nova

18 Nov 2021

A Fundación Gloria Fortes convoca o XXIII Premio Gloria Fuertes de Poesía Nova 2021, ao que poderán concorrer mozos e mozas de entre 16 e 25 anos, con libros escritos en lingua castelá non premiados anteriormente en ningún outro concurso.

Os orixinais, con liberdade de tema e forma e coa advertencia de que non é un premio de poesía infantil, deberán ser inéditos na súa totalidade e ter unha extensión non inferior a 500 versos nin superior a 700.

Enviarase un só exemplar, en folios impresos, debidamente numerados e encadernados ou grampados. O envío tamén poderá realizarse por correo electrónico.

Os libros presentados deberán ir acompañados dos datos do autor ou autora con indicación do seu domicilio e teléfono e e-mail e dunha breve nota biográfica xunto cunha copia do carné de identidade como acreditación da idade.

O envío farase a: Fundación Gloria Fuertes (Apartado 19186 - 28080 Madrid) ou por correo electrónico a premios@gloriafuertes.org indicando no sobre ou no asunto: "Para el Premio Gloria Furtes de Poesía Joven".

O prazo de admisión estará aberto ata o 31 de decembro de 2021 (terase en conta o cuño de correos).

Premio: 200 euros e a edición do libro, publicado por Edicións  Torremozas na Colección "Gloria Fortes".

http://www.gloriafuertes.org/index.php/premio-gloria-fuertes-poesia-joven