Bolsas para estudos de posgrao no Espazo Europeo de Educación Superior, América do Norte ou Asia-Pacífico

17 Nov 2021

A Fundación "La Caixa" convoca 100 bolsas para cursar estudos de posgrao en universidades ou centros de investigación superior do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), América do Norte ou Asia-Pacífico.

Os estudos son de máster, doutoramento ou proxectos predoctorales de investigación científica e técnica, cunha duración máxima de 24 meses.

Estudos de posgrao a cursar en calquera país dentro do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), América do Norte (Estados Unidos e Canadá) e a rexión Asia-Pacífico (Australia, Corea do Sur, India, Xapón, Singapura e China).

A convocatoria comprende todas as áreas de coñecemento, pero exclúense os programas de Master of Business Administration (MBA).

En Europa, a estancia comezará no outono de 2022-2023, en Asia-Pacífico ao longo do ano 2023 e en Norte América no outono do curso 2023-2024. As bolsas outorgaranse por un ano académico e non poderán ser inferiores a nove meses. Con todo, poderán estenderse por un segundo ano académico, ata un máximo de 24 meses.

Prazo para presentar solicitudes: 2 de febreiro de 2022.

Requisitos
Para participar no proceso de selección, os candidatos deben cumprir, entre outros, cos seguintes requisitos:
- Ter a nacionalidade española ou portuguesa.
- Cursar estudos de grao en España (candidatos españois) ou Portugal (candidatos portugueses). Deben finalizarse entre xaneiro de 2013 e xullo de 2022.
- Acreditar un nivel avanzado do idioma no que se cursarán os estudos de destino.

Dotación
A bolsa cobre a taxa de matrícula da universidade onde foi admitido o bolseiro, sen límite de cantidade e unha axuda mensual, que varían en función do país de acollida. Nos países da Eurozona é de 1.400 euros, mentres que en EE. UU. é de 2.400 dólares e en Australia ascende a 2.270 AUD.

Para calquera suxerencia ou consulta, podes dirixirte a: becas@fundacionlacaixa.org

https://fundacionlacaixa.org/es/becas-posgrado-extranjero-convocatoria